🧭 Catálogo e adopción de copias (Recuperar)
Despois de cada execución o motor escribe un catálogo dentro do destino (<copia>/catalogo/): indice.json, tarea.json (sen URIs nin ordes) e un snap-NNNNNN.tsv.gz por versión. É o mapa que permite reconstruír a copia desde outro equipo.

Para que serve
- Desastre total: servidor novo, disco novo. Instalas o motor, apuntas ao mesmo destino e recuperas todo — sen o índice local orixinal.
- Mover unha copia entre motores: outro equipo pode adoptar a tarefa e seguir copiando de xeito incremental.
Sección «Recuperar» da app
- Escanear (
POST /recovery/scan): o motor le o destino e lista as copias con catálogo. - Adoptar (
POST /recovery/adopt): a copia pasa a ser unha tarefa deste motor, marcada conadopted_job_<id>. - Na primeira copia tras adoptar, o motor compara por hash cada ficheiro antes de subilo: non reenvía nada que xa estea — a cadea incremental continúa onde a deixou o outro motor.
Sen catálogo (copias antigas)
As copias feitas antes de existir o catálogo non teñen indice.json no destino. Pódense restaurar (os datos están) pero non adoptar para seguir incrementais — nese caso toca restaurar e comezar unha copia nova.
Seguridade do catálogo
tarea.jsonnon contén URIs ninpre/post_command: quen lea o catálogo no destino non aprende as túas credenciais nin pode executar nada.- Adoptar esixe estar emparellado co motor — ninguén pode adoptar a túa copia sen controlar o teu panel.
Con cifrado
A adopción funciona igual, pero precisas a contrasinal da copia para desenvolver clave.iobk — sen ela o catálogo serve de pouco (os datos están cifrados a propósito).