🔔 Iconas de bandexa e barra de menús
Aínda que peches a app, o motor segue visible mediante a súa icona propia:
![]()
Windows — iobackup-tray.exe
- Icona na bandexa xunto á app (instálase con ela, arranque por HKLM).
- Amosa o estado do servizo e das copias; menú con accións rápidas.
- Fala co motor por HTTP local (sen TLS, localhost) co seu propio token limitado.
macOS — IO Backup Menu.app
- Icona na barra de menús (LaunchAgent propio).
- Le o estado do motor e amosa o mesmo resumo.
Que amosan
- Estado do motor (activo/copiando/verificando/ocupado).
- Transferencias activas con animación: porcentaxe, tempo transcorrido, ETA e detalle da tarefa — a copia vese progresar sen abrir a app.
- Últimos resultados por tarefa.
Token limitado («Icona do motor»)
A app dá de alta á icona coma un cliente máis, con permisos de só-lectura/accións (menubar.json / tray.json):
- A icona non pode crear tarefas nin tocar configuración sensible — só ver e actuar sobre o seu ámbito.
- Coa súa icona propia en marcha, a app non pon a súa (en Windows, só cando a bandexa xa está correndo).
Se a icona non aparece
- Windows: comproba que
iobackup-tray.execorre (Administrador de tarefas) — a app reiníciao ao abrila. - macOS: revisa o LaunchAgent
dev.iobackup.menubare que o motor estea correndo.