🌿 Vixilancia de repositorios Git
Máis aló de copiar ficheiros, o motor vixía repositorios git: detecta cando un repositorio local ten traballo sen empurrar ao remoto — o burato clásico das copias de seguridade de código.

Que fai
- Descobre os
.gitbaixo as túas raíces (configurables enmeta.repos_cfg; se está baleiro, raíces típicas do usuario). - Un watcher por repositorio: cando cambia o
.git(commit, checkout…), reprograma a comprobación de inmediato. git ls-remotecoa súa propia cadencia contra o remoto (credenciais do usuario do sistema —GIT_TERMINAL_PROMPT=0para non colgarse xamais pedindo contrasinal).- Calcula unha puntuación de risco por repositorio (commits locais sen push, remoto adiantado, diverxencia) e publícao en
status.json→ a app amosa as iconas.
Accións por repositorio
Desde a app (POST /repos/{id}/action):
- push — sube os commits pendentes.
- fetch — trae o novo do remoto.
- pull --ff-only — só fast-forward, nunca merge sorpresa.
Complemento ao backup
O repositorio vixiado diche "este código existe só aquí": copiar o cartafol protexe os ficheiros, pero o commit sen push é o que de verdade se perde nun desastre. A vixilancia avísate antes de que pase.